Estamos a traballar nunha nova exposición de fotos antigas sobre A Laracha. Na última ocasión en 2009, esta estivo composta por máis de 550 fotografías que foron expostas publicamente na Aula Cultural de Caixa Galicia e culminou coa edición dun audiovisual en formato DVD.
Agora pretendemos conseguir máis fotos para facer unha exposición renovada e ampliada e tamén temos a intención de editar un libro elaborado principalmente por unha ampla selección das fotografías das que dispoñemos, contribuíndo así facer visíbel a memoria colectiva da veciñanza larachesa e facilitar o acceso a todo o mundo mediante esta recompilación fotográfica a través do tempo.
QUE TIPO DE FOTOS BUSCAMOS?
Todas son válidas: a vida labrega, mariñeira, gandeira, romarías, feiras, o antroido, no río de lavar, nas fontes, A Laracha antiga, festas, acontecementos sociais, cumpreanos, da emigración, da mili, bares ou comercios xa desaparecidos, verbenas, etc...
QUE FACEMOS COAS FOTOS ORIXINAIS?
NON EXPOÑEMOS FOTOS ORIXINAIS. Pasamos a recollelas onde ti nos digas, ou ben se o desexas podes estar presente no momento de escanealas e xa chas devolvemos ao momento (1 hora ou menos).
Este é un precioso e ilusionante proxecto que precisa de ti para que poidamos levalo a cabo. Seguro que se buscas na túa casa ou na dos teus familiares tés algunha foto que poida resultar interesante.
Contamos contigo. Anímate e participa.
Para calquera cuestión chámanos ou envíanos un correo.
Tlf: 653 618 955 - acutareira@yahoo.es |