A denuncia foi feita polo Director de Xornal Galicia, Miguel Ángel Delgado González e refírese á xestión dos terreos onde se asentaba o antigo Campo da Insua en Caión, e aos fondos chegados da catástrofe do Prestige. Tamén se cita a utilización dun coche da Consellería de Pesca cedido á confraría para usos privados.
Na denuncia tamén se acusa ao Alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, de estar confabulado con Evaristo Lareo, Patrón Maior da Confraría de Caión para dar o ?pelotazo urbanístico do século? no antigo Campo de fútbol de Caión, agora destinado á construción de 64 vivendas de luxo e ínstase á Fiscalía Superior de Galiza e ao Tribunal de Contas a abrir dilixencias por presuntos ?delitos de corrupción, apropiación indebida, malversación de fondos públicos, prevaricación e deixadez de funcións, asociación e maquinación e contra a saúde dos consumidores?.
O 27 de setembro de 2006, o BNG da Laracha solicitou no correspondente Pleno a creación dunha Comición de Investigación sobre a urbanización de Caión mais a iniciativa foi rexeitada polo Goberno local do PP.
Casualmente, esta Conselleira, Rosa Quintana, foi convidada para pronunciar o pregón das Festas en Caión a pasada semana.
Ver a noticia e a denuncia completa aquí
|