Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
O Goberno da Laracha volve discriminar á A.V.V. A Cutareira - A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha


    A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Goberno da Laracha volve discriminar á A.V.V. A Cutareira

Ao igual que o pasado ano, o goberno da Laracha volve negarnos o dereito a participar na convocatoria municipal de subvencións ás asociacións veciñais do concello ao non sermos incluídas na convocatoria pública anual de subvencións do concello da Laracha. Por este mesmo motivo xa enviamos unha queixa ao Valedor do pobo o pasado ano e vémonos na obriga de volver a denunciar a mesma situación pois pensamos que as nosas queixas son máis que xustificadas.

Non entendemos porque realizando as mesmas actividades unhas asociacións teñen dereito a recibir subvencións e outras non. Cal é a diferenza? Por que unhas si e outras non? As asociacións veciñais somos excluídas sen contar co mesmo dereito a participar nelas en pé de igualdade que o resto das asociacións o cal é unha actitude discriminatoria.

A raíz da queixa desta asociación o pasado ano, o goberno local manifestou textualmente: ?as asociacións veciñais quedaron excluídas destas subvencións porque o seu obxecto social principal é a defensa dos intereses xenerais e sectoriais dos veciños e non as actividades que se consideran como subvencionables nas citadas bases, condición necesaria para a súa concesión?. Se atendemos ao absurdo desta argumentación, impropio do goberno dun concello, tamén sería igualmente defendíbel a postura de que o concello está para gobernar e non para organizar excursións (a Santiago de Compostela, San Andrés de Teixido, O Carballiño...tal e como leva feito ao longo deste ano).

As ridículas argumentacións do goberno do concello desmóntanse por si soas se consultamos os estatutos desta asociación veciñal que rexen o funcionamento da A.V.V ?A Cutareira?:

Artigo 4:-
Para o cumprimento destes fins, a Asociación promoverá e organizará as seguintes actividades:
 Actividades sociais diversas.
 Actividades artísticas e culturais: conferencias, proxeccións cinematográficas, foros, debates, teatro, recitais, cursos especializados, certames, concursos, participación nas festas tradicionais, entre outras, que impulsen a imaxe e a apertura da parroquia, concello e comarca cara o exterior.
 Actividades formativas, culturais, medio ambientais, lúdicas e
deportivas.
 Publicacións e exposicións.
 Recuperación do patrimonio cultural, etnográfico e natural a través da restauración, mellora e difusión dos seus valores.
Precisamente é o que vimos realizando desde a constitución desta asociación: charlas informativas, actos culturais, excursións para a divulgación e coñecemento dos valores naturais e culturais, actividades de recuperación do Patrimonio Cultural, publicacións ( boletín da asociación), exposicións fotográficas, etc...


Xa que logo, o goberno local mente deliberadamente: todas as actividades que vimos realizando son subvencionables e son propias dunha asociación veciñal tal e como estabelecen os nosos estatutos ( dos cales é coñecedor o goberno local).

O xeito tan ?particular? que ten o concello da Laracha de entender que as asociacións veciñais non precisamos recibir subvencións para cumprir os obxectivos para os cales as asociacións veciñais son creadas, converte á Laracha no único concello onde o seu goberno discrimina e pon atrancos ao asociacionismo veciñal en lugar de fomentalo e impulsalo.





Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 04-06-2010 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0