 O pasado sábado representantes da Cutareira asitimos, no salón de actos do Museo do Pobo Galego, á presentación pública da Fundación Manuel María.
A Fundación Manuel María de Estudos Galegos foi constituída en marzo de 2007 e declarada de interese galego mediante a Orde da Consellaría de Cultura e Deporte de 11 de xuño dese mesmo ano.
Á finalidade central da Fundación é manter o legado e a memoria de Manuel María e, de xeito máis específico e inmediato dispor dun espazo físico onde se dea acollida á biblioteca, manuscritos, obxectos persoais ou calquera outro feito relacionado co poeta e que sirva, ademais, como lugar de referencia para dar a coñecer a súa obra e figura entre o pobo galego. Para iso xa foron iniciadas as xestións destinadas a adquirir a súa casa natal en Outeiro de Rei e convertela en Casa Museo Manuel María, na cal se crearía unha biblioteca composta polos libros da súa pertenza e un auditorio ubicado no actual aalpendre logo de ser debidamente acondicionado.
Un traballo verdadeiramente ilusionante que contribuirá á conservar e dar a coñecer a figura do ilustre e sobranceiro poeta chairego, o noso gran poeta Nacional MANUEL MARÍA. |