 COMUNICADO PÚBLICO
O pasado ano a asociación veciñal ?A Cutareira? non puido optar a recibir subvencións do Concello ao non estarmos incluídas as asociacións veciñais na convocatoria de subvencións.
Este feito motivou moitas queixas veciñais ante un goberno que novamente amosa a súa faciana máis autoritaria e prepotente chegando a afirmar nun comunicado público que ?é ao grupo de goberno a quen corresponde decidir quen debe recibir subvencións e a quen non?.
Dubidamos moito que exista algún outro concello en que a unha asociación veciñal, que cumpre escrupulosamente todos os requisitos que marca a lei, se lle negue o dereito a participar na Convocatoria Pública de Subvencións Municipais en igualdade de condicións que ao resto do asociacionismo do concello, o cal significa un evidente trato discriminatorio.
Lamentamos que sexa o concello da Laracha o único onde as asociacións veciñais non teñen dereito a subvención e agardamos que se produzan os cambios pertinentes para que na próxima convocatoria de subvencións non fique discriminada esta asociación veciñal.
A Laracha,12 de abril de 2010 |