 Paseniñamente as árbores do río Anllóns van caendo, desaparecendo, e case sen decatármonos continuará mudando o aspecto do entorno do río cara unha imaxe distinta se non tomamos as medidas correctoras necesarias. Lenta pero inexorabelmente, os temporais e as enchentes van escolmando a vexetación arbórea da ribeira do río ao seu paso pola Laracha.
Desde a pasarela de madeira que nos permite acompañar ao río Anllóns no seu discorrer ao longo de 2,3 quilómetros, podemos apreciar esa escolma selectiva que a natureza realiza cada inverno e que deixa as marxes do río desprotexidas contra a erosión.
Sería importante poñer en práctica un traballo de reforestación con vexetación propia da ribeira do Anllóns antes que as marxes do río se vaian desfacendo pola falta da vexetación que sostén o terreo. Os abeneiros, salgueiros, bidueiros, abelairas, carballos...precisan de varios anos para chegaren a ?adultos?.
Todas e todos debemos coidar e protexer ese tesouro natural que a nai natureza nos ofrece antes que o río fique desposuído de toda a súa riqueza variada que propicia tamén refuxio a fauna de moi variado tipo.
|