Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Para que nos atendan na nosa lingua - A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha


    A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Para que nos atendan na nosa lingua
Se eras cliente de Hidroeléctrica Laracha, terás observado que mudou o idioma no que recibías as facturas desde que CHC Energía é a comercializadora. As facturas que antes enviaba Hidroeléctrica Laracha tiñan en conta a lingua galega; agora CHC Energía envíaas unicamente en castelán.
Para solicitares recibir as facturas da luz na nosa lingua, envía a túa queixa:

* Por carta: Rosario Pino, 18. 28020 Madrid
* Por tlf: 902 02 22 92
* Por correo electrónico: info@chcenergia.es.

Dispoñemos dun modelo de carta que podes ?copiar e pegar?, se o desexas.
-Engade o enderezo de correo da asociación (acutareira@yahoo.es ) no apartado de CC ou CCO para que poidamos contabilizar do nº de reclamacións realizadas.

COLABORA: Se coñeces a alguén que queira reclamar e non dispón de internet, pídelle os seus datos e cubre o formulario por ela/el. Ten en conta que cantos máis sexamos máis posibilidades teremos que atendan as nosas demandas.


MODELO DE ESCRITO QUE PROPOÑEMOS
(copia e pega, tan só che levará uns minutos)


SERVIZO DE ATENCIÓN AO CLIENTE DE CHC ENERGÍA:


A empresa subministradora de electricidade na Laracha, Hidroeléctrica Laracha, respectaba a preferencia lingüística do seus clientes, de xeito que a relación comercial con eles era, no meu caso, en lingua galega. As facturas eran emitidas en lingua castelá e galega. En cambio, desde que son cliente de CHC Energía non teño a posibilidade de expresarme con vostedes na miña lingua (galego) e recibo as facturas exclusivamente en lingua castelá. A toponímia usada nas facturas non se axusta á legalidade vixente e non é a oficial segundo estabelece a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (D.O.G.: 14/7/83), art. 10, punto 1: ?Os topónimos de Galiza terán como única forma oficial a galega?.

Por todo isto solicito:
? Que todas as comunicacións escritas propias da nosa relación comercial se desenvolvan, cando menos, en lingua galega.
? Que a atención persoal nas oficinas da empresa e no teléfono de atención ao cliente se preste, á escolla do cliente, nas dúas linguas oficiais da nosa comunidade.
? Que se substitúan os topónimos deturpados ?Laracha? e ? La Coruña? polas únicas formas válida e oficiais: ?A Laracha? ?A Coruña?,
? Que no seu defecto, me dea cumprida explicación das causas que motivan a negativa. Nese caso ademais, solicito que me informe sobre os dereitos que me asisten como consumidor para solicitar o cambio de compañía subministradora de electricidade.

Sen outro particular, e agardando a súa resposta, reciba un cordial saúdo.

Nome e apelidos:........................................................................................
DNI:............................................................................................................
Lugar/Rúa:..................................................................................................
(A Laracha. A Coruña). CP:15145
Nº de cliente................................................................................................
Tlf. de contacto:............................................................................................



Asinado:............................................................



Na Laracha, a....de .........de 2010.
Comentarios (0) - Categoría: Escritos... - Publicado o 27-03-2010 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0