A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Decreto do Plurilinguismo ten a todo o mundo en contra
O borrador do Decreto no Ensino, presentado polo Goberno do Partido Popular na Xunta, está a ser o centro de atención pública provoca cada vez máis rexeitamento por parte das comunidades educativas, especialistas e de todo o tecido asociativo implicado.

Lembrámosche que hoxe, na Laracha, todas as nais e pais estades convidadas e convidados a unha charla informativa sobre o chamado "Decreto do Plurilingüismo".

Desde a páxina web da Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística achegámosche un variado resumo dos posicionamentos adoptados por perto de 40 entidades, que servirá para coñecer a súa postura ao respecto.

COMPILACIÓN DE POSICIONAMENTOS PÚBLICOS DE ENTIDADES


A Mesa pola Normalización Lingüística: A proposta de decreto vulnera ostensibelmente tanto tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos como a Lei de normalización lingüística

ANPE: ANPE defende o plurilingüismo nas aulas, pero ao longo da negociación deberán modificarse diversos aspectos das bases publicadas, coas que estamos en total desacordo

Asociación de Directores de Centros Públicos de Santiago de Compostela: O decreto suporá unha 'diminución da calidade no ensino.

Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG): Forzada involución no proceso normalizador da aprendizaxe do galego dentro do ámbito educativo, ignorando voces e argumentos dos especialistas da educación, da pedagoxía e dos profesionais do ensino

Asociación Galega de Editores (AGE): Non se tivo en conta na redación destas Bases que as propostas afectarán globalmente, e de forma substancial, ao sistema educativo galego. Primouse o compromiso electoral á análise da viabilidade educativa das Bases de Decreto

Asociación Internacional de Estudos Galegos: A Asociación Internacional de Estudos Galegos cre "un erro ético" o novo decreto

Asociación Profesional de Pedagogos de Galicia (Apega): ”Con el decreto del gallego no se va a ninguna parte”. "No se pueden dejar las decisiones sobre la lengua de las asignaturas al libre albedrío de los padres"

AS-PG: Non nos parecen axeitadas á nosa situación lingüística ningunha das propostas establecidas nas citadas Bases, por canto o futuro decreto pretende sustentarse en falsos argumentos pedagóxicos e de extensión do plurilingüismo

BNG: O decreto do galego é "o decreto da aldraxe" e non respecta a Carta Europea das Linguas Minorizadas

CCOO-Ensino: CCOO xa non era partidaria de que se rompera o consenso parlamentario acadado anteriormente sobre o Decreto do galego, mais unha vez manifestada a vontade unilateral do PP de suprimir o vixente, considera que a norma que se poña no seu lugar ten que vir avalada polo maior consenso político e social posible

CIG-Ensino: A CIG-Ensino rexeita o borrador para derrogar o Decreto 124/2007 porque supón unha involución na normalización lingüística e unha agresión ao noso idioma

Comités: O borrador de decreto para o uso do galego no ensino supón a meirande agresión contra o idioma proprio e un retroceso respecto de todos os decretos aprobados desde a promulgación da Lei de Normalización Lingüística en 1983

Confederación Galega de Asociacións de Pais de Alumnos de centros públicos (Confapa-Galicia): Non se pode deixar que as familias elixan o idioma porque non falamos dunha educación á carta

Consello da Xuventude de Galicia: O CXG entende, como institución encargada de velar polos dereitos da mocidade galega e como institución galega preocupada pola situación da nosa lingua, que o bosquexo de decreto presentado pola Xunta non supón máis que un retroceso no proceso de normalización do galego

Converxencia XXI: O goberno do Partido Popular presenta á sociedade un borrador pouco claro no que utiliza o inglés como pretexto para deixar a porta aberta ás familias e aos centros para que “libremente” escollan saber menos galego

CSI-CSIF: CSI.F é partidaria de impulsar o multilingüismo nas aulas e de que os alumnos/as conclúan o ensino obrigatorio con "plena competencia" nas dúas linguas oficiais da comunidade e na medida do posible dunha estranxeira, así como de trasladar ás aulas o espírito de respecto, comprensión e tolerancia que recomenda a Carta Europea das Linguas Rexionais

Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL): Lonxe de procurar novos ámbitos de uso, as bases para o decreto obrigan ao abandono do galego en determinados espazos do ensino, o que é totalmente contrario á promoción lingüística

• Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL)
: A proposta traslada aos centros escolares e ás familias un conflito creado por intereses políticos ao presentar un modelo que non se fundamenta en criterios estritamente pedagóxicos e demostra o descoñecemento da realidade dos centros

Esquerda Unida: Esquerda unida rexeita de plano as bases do decreto por ser un ataque político sen precedentes contra a nosa lingua

Facultade de Ciencias de Educación da USC: Retiren o actual documento de Bases para o uso do galego no ensino por manifestarse inadecuado

Federación de ANPA de Compostela: Rexeitamos un modelo de ensino das linguas no que o goberno renuncia a exercer o seu papel e defender o galego

Federación de Relixiosos da Ensinanza de Galicia (Ferega): As linguas só se aprenden se se exercitan e só se terá liberdade para escoller unha se se coñecen. O decreto debe potenciar o galego, sobre todo nas cidades e nas vilas

Foro de Curas Galegos: Une a súa voz coa de outros moitos que coidan insuficiente a concesión vixente sobor do ensino do galego, e reclama da autoridade competente a normalización da lingua galega

Galiza Nova: “O PP quer eliminar o galego do ensino para cortar de raíz o seu futuro, desde a mocidade”

Nova Escola Galega: O novo decreto imposibilita a adquisición das competencias lingüística

PP: Restablece a liberdade lingüística que nunca debeu perderse e bota por terra o decreto do bipartito posto en marcha no ano 2007

Prolingua: Desde ProLingua promoveremos accións propias en defensa da lingua e compartiremos as propostas polas outras plataformas que vaian dirixidas a impedir o glotocidio que se quere perpretar

PSdeG-PSOE: O PSdeG-PSOE cualificou de “despropósito” o borrador do Decreto do galego presentado por Feijóo e dixo que “busca trasladar ás aulas galegas o conflito da lingua xerado polo presidente da Xunta”.

Queremos Galego: Alberto Núñez Feijóo sabe que este decretazo non conta co respaldo nin das familias nin do profesorado nin do estudantado. Por iso o presentou no medio das vacacións, na véspera de fin de ano, á última hora do serán e mudando in extremis tamén o lugar de reunión do Consello da Xunta, por vez primeira na lexislatura

Real Academia Galega (RAG): Análise da RAG das "Bases para o decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia"

Sindicato de Estudantes: A Xunta do PP lanza un decreto educativo para atacar o galego: Hai que paralo

STEG: O novo decreto do galego é un clamoroso erro pedagóxico e político

UGT-Fete: As bases para o decreto do galego no ensino son confusas no fondo e impresentables na forma

Universidades galegas: comunicado conxunto das universidades da Coruña (UdC), Santiago de Compostela (USC) e Vigo (UVigo): Facemos un chamamento ás autoridades educativas para modificar as bases deste decreto conforme á obriga de potenciar o emprego do galego como principal sinal de identidade cultural

USO-Galicia: O dereito dos pais a elexir o idioma no que deben ser educados os seus fillos ponnos a un paso de que eles poidan participar nas discusións dos proxectos curriculares

Xuventudes Socialistas: O borrador do Decreto do galego é unha burla ó noso país e racha por completo coa política de normalización e valorización que o galego viña tendo no noso ensino

Comentarios (0) - Categoría: Lingua - Publicado o 29-01-2010 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal