A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Charla informativa sobre o chamado Decreto do plurilingüismo
"Como nais e pais acabamos de vernos afectados por unha folga no ensino en protesta polo chamado Decreto do plurilingüismo. Pero, sabemos en que consiste esta nova normativa que se pretende aplicar? Coñecemos que cambios introduce? Que consecuencias pode ter para as nosas fillas e fillos? Como pode afectar ao fracaso escolar?"

Un grupo de nais e pais do concello da Laracha, dos colexios Alfredo Brañas (Paiosaco), Otero Pedrayo (A Laracha) e o Instituto Agra de Leborís, preocupados polas consecuencias que pode ter no ensino das fillas e fillos, creron necesario realizar unha charla informativa na que unha especialista no tema poida explicar o contido dese decreto e clarificar todas as posíbeis dúbidas.

A persoa encargada desta tarefa será unha verdadeira especialista na materia,María Luisa Villanueva, Coordinadora do Equipo de Normalización Lingúística do IES Agra de Leborís, que ademais é a coordinadora de todos os equipos dos centros da Coruña e está no Consello Directivo da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística de Centros de Ensino (de toda Galiza).

Por iso convócase a todas as nais, pais e ao alumnado de máis idade a unha charla informativa e debate: “O Decreto do plurilingüismo no ensino”.

A cita é na AULA DE CULTURA DE CAIXA GALICIA,Nº63
(situada enriba da oficina de Caixa Galicia na Laracha)o VENRES 29 DE XANEIRO, ás 9 da noite.
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 27-01-2010 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal