A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Este Decreto ímolo tombar!!
Máis de 60.000 persoas asistiron á manifestación contra o Decretazo convocado pola Plataforma Cidadá “Queremos Galego”.
O éxito acada unha maior dimensión se temos en conta que se trataba dun día laborábel.
Pasadas as 11:30 a manifestación saía da Alameda en dirección á praza do Obradoiro onde se concentraron galegas e galegos que, independentemente da lingua que falaban, defendían a lingua galega, sabedores que este é o elemento que nos une e que nos identifica como pobo diferenciado.

Ás 2 da tarde, e xa coa praza practicamente desaloxada, aínda continuaban a chegar manifestantes ao lugar.

Resulta emocionante e ilusionante ver a tantas mozas e mozos defendendo a lingua do noso pobo; loitando por uns dereitos lingüísticos que aínda lle son negados ao noso pobo 5 séculos despois de que os “Reis Católicos” ditaran a “Doma e Castración do Reino de Galiza”.
A pesar disto, o actual goberno da Xunta convértese no primeiro que lexisla contra a nosa lingua propia.




Varios representantes das distintas entidades que forman a plataforma cidadá “Queremos Galego”, leron cadanseu manifesto nos que de denunciaba que o decreto vulnera a letra e o espírito da Lei de Normalización lingüística e a Carta Europea de linguas Minoritarias e Rexionais.

“Independentemente da lingua que usemos no noso día a día as galegas e os galegos amamos a nosa lingua propia e queremos que non haxa políticas para discriminala senón ao contrario, que se promova en todos os ámbitos garantindo a igualdade de dereitos”.


“O actual decreto en vigor contou co apoio dos sindicatos que representan ao 90% do profesorado, a inmensa maioría das ANPAS e todas as organizacións estudantís. En cambio, o borrador do novo decreto non xera máis que rexeitamento e preocupación e ten a toda a sociedade en contra.”Saber máis...

O Presidente da maior asociación cultural de todo o país, Carlos Callón, xa instou a dimitir ao conselleiro de Educación, Jesús Vázquez. Ler máis...

Podes ver aquí as fotos feitas polo noso veciño Subiela.

Máis fotos...

Comentarios (0) - Categoría: Lingua - Publicado o 22-01-2010 18:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal