 O pasado ano celebramos por vez primeira o Samaín e informamos á veciñanza sobre as orixes desta celebración, coñecida noutros países por ?Halloween?.
Este ano traballaremos xunto a Asociación Cultural ?Quinta Feira?, organizadora do samaín deste ano, e organizaremos tamén o tradicional Magosto. Queremos que sexa unha noite ?especial? reivindicando a verdadeira tradición en oposición ao ?Halloween? promovido unicamente por intereses consumistas e comerciais dos EEUU.
Samaín é unha festividade de orixe celta que se foi popularizando tamén en América Latina e que ten orixes moi antigos. Hai 3000 anos nas vilas celtas de Europa, entre eles na Galicia, Irlanda e en distintas zonas da Gran Bretaña os habitantes deses lugares esperaban o Novo Ano que para eles iniciábase co tempo do cambio de estación, da colleita e os misterios entre a vida e a morte.
Os celtas crían que nesa noite a ventá que separaba o mundo dos vivos e o dos mortos desaparecía e que a véspera de Samaín ? que así chamaban a esa data - as almas dos mortos regresaban a visitar fogares terreais. Para manter a estes espíritos contentos e afastar os malos dos seus fogares os celtas deixaban xantar ou doces fóra dos seus fogares.
Despois de que os romanos conquistasen aos celtas, estes influenciaron ao mundo céltico cos seus festivais á deusa romana da colleita, Pamona. Os cristiáns consideraban que os celtas adoraban o diaño, aínda que o diaño nunca existiu na relixión céltica. Naquela época determinouse que a maneira de converter aos celtas ao cristianismo era adoptando o festival dos celtas e converténdoo nun cristián. Por iso os cristiáns calificaron as celebracións celtas como una práctica herética, destruíndo baixo este pretexto gran cantidade da cultura, monumentos e tradicións celtas para afianzar o seu dominio político e social do vello continente.
Foi a época do sometemento dos pobos pagáns ceibes, que eran convertidos ao cristianismo demonizando as súas crenzas, adoptando os seus festivais, e converténdoos ao cristianismo. Así, o día de Samain converteuse no día de Todos todos os Santos de onde deriva o nome de Halloween en inglés (All Hallow's Eve) , que sería unha celebración importada e modificada en Norteamérica para converterse nunha celebración urbana.
FELIZ SAMAÍN A TODAS E TODOS!! |