Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Magosto 2009 - A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha


    A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Magosto 2009
Este venres 30, a partir das 7 da tarde celebraremos, xunto a Asociación Cultural ?Quinta Feira?, o magosto e o SAMAÍN.
Nesta ocasión o lugar onde se desenvolverán os actos serán no baixo do Bar ?Mariño? situado na Avda. de Caión.

En canto ao magosto haberá castañas asadas, bocatas de chourizos caseiros asados, viño, refrescos, sortearemos entre os presentes unha cesta con produtos para o cocido (lacón, chourizos, panceta, patacas, viño?), música e moi, moi bo ambiente. Tamén se fará unha proxección fotográfica na que lembraremos moitas das actividades levadas a cabo por estas dúas asociacións.

Por segundo ano consecutivo na Laracha celebraremos o SAMAÍN tratando así de recuperar e coñecer as nosas ancestrais tradicións. Este ano o a organización está a cargo de "Quinta Feira", quen informa que "queremos preparar unhas cabazas coa axuda da xente máis nova para logo realizarmos unha exposición, haberá un decorado especial para este día tan especial, disfraces e e algunha sorpresa máis".

Os actos organizados para este día servirán para pasar unha tarde-noite agradábel e divertida na compaña da veciñanza.

NOTA: As persoas non socias tamén poden asistir pero deberán avisar anticipadamente nos seguintes tlfs: 653 618955 (Xosé Cotelo)
981 605030-625686787(María Rei)
PREZO: 6?
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 26-10-2009 20:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0