|
|
|
Lamentábel espectáculo de manipulación desde a TVG |
|
Perante os reiterados episodios de manipulación informativa nos medios de comunicación públicos do noso país, sempre en beneficio do Partido Popular, un grupo de persoas de diferentes sensibilidades que comparten unha fonda preocupación sobre este feito, após a cobertura parcial e tendenciosa feita pola RTVG en relación á manifestación de Queremos Galego!, impulsou a iniciativa "Televisión, manipulación!", xurdida dun grupo no Facebook e agora tamén asentada nun blogue, para promover accións públicas de denuncia desa situación, A primeira acción que vai desenvolver a iniciativa "Televisión, manipulación!" é a da recollida de sinaturas, a través da Rede, coas que se remitirá unha carta ao Director Xeral da CRTVG reclamando un cambio de rumbo na liña editorial da radio e máis a televisión galega.
O texto da carta podese ler integramente aquí, e para asinala tan só é preciso cubrir este formulario.
POLO CESAMENTO DE CARLOS LUÍS RODRÍGUEZ
Esta iniciativa xordeu partires da inmensa indignación que provocou a "entrevista" feita polo xornalista Carlos Luís Rodríguez no marco do programa "Foro Aberto" que substituiu a Hai Debate!, e na que o presentador vulnerou sistematicamente os principios profesionais que deben rexer calquera entrevista, emitindo velada ou explicitamente opinións persoais, formulando preguntas capciosas e de claro sesgo ideolóxico, impedindo que o entrevistado as puidese responder e someténdoo a un xuízo ideolóxico que tiña por única finalidade descualificalo e restarlle credibilidade diante da audiencia.
A actitude reiterada, amosada polo xornalista Carlos Luís Rodríguez, quen teima en imprimir un carácter sectario -coincidente cos intereses e posicións do Partido Popular- ao programa, é o que leva a solicitar o seu cesamento como condutor do programa.
Foi escollida a denominación "Televisión, manipulación!" por ser esta a consigna berrada por milleiros de persoas na Praza da Quintana o pasado domingo 18 na manifestación convocada pola Plataforma Cidadá ?Queremos Galego?, cando no intre en que remataba o primeiro acto de peche da manifestación (e cando milleiros de persoas agardaban para acceder por segunda vez á Praza da Quintana, que remataron enchendo novamente) a TVG iniciaba a conexión en directo co TeleXornal Mediodía.
A información ofrecida durante a conexión non foi veraz, xa que mentres a TVG afirmaba que a manifestación xa rematara, dende a megafonía do palco anunciábase reiteradamente que se ía celebrar un segundo acto de peche, aspecto que foi obviado deliberadamente, nun exemplo claro de distorsión e manipulación informativa.
O obxectivo final desta iniciativa é o de acadármos uns medios de comunicación públicos ao servizo da información, a obxectividade e a pluralidade, algo xa moi alonxado da realide da TVG en pouco máis de 6 meses de goberno de maioría absoluta do PP (lembras a cobertura informativa polo ?Prestige??) |
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Urdaci era máis guapo, creo.
Tamén son ben visibles as ganiñas das cámaras da telegaita de buscar os ocos.
En fin... Cómpre ser comprensivos. Para levar un cacho de pan á boc#blgtk08#a algunha vez non queda outra que lamber algún tafonario, mesmo se as condicións sanitarias non son as axeitadas. ¿Que se lle vai facer?, dixo o galeguiño rañando entre a orella e a gorra. |
|
|
Comentario por Rdf (23-10-2009 23:58) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|