 A veciñanza larachesa quixo ser partícipe da manifestación máis grande da historia do pobo galego na defensa da nosa lingua. Se a estas alturas alturas aínda hai quen siga empeñada ou empeñado en facer crer a alguén que o pobo galego é un pobo apoucado, calado e incapaz de reivindicar algo, vai ter que ir mudando de discurso.
Desde "Quinta Feira" e "A Cutareira" dispuxemos un autobús para asistir a Compostela.
Pasadas as 10 e media da mañá partimos da explanada do Instituto co autobús case cheo, que acabariamos de enchelo logo de recoller a máis veciños en Carballo.
Onte, 18 de outubro de 2009, máis de 100.000 persoas participamos nun acto de dignidade, de autoafirmación da nosa existencia como pobo diferenciado. Un acto de de dignidade e responsabilidade conscientes como pobo da necesidade de defendermos a nosa lingua como elemento de unión entre todas as persoas que formamos este pobo que loita por defender a súa lingua con gran dignidade que outros se empeñan en enterrar como na época imperialistas dos Reis Católicos, Isabel e Fernando, cando puxeron en práctica a ?Doma e castración do Reino de Galiza?, tal e como recolle o noso amigo Castelao no ?Sempre en Galiza?, auténtica enciclopedia galega que todas as galegas e todos os galegos deberiamos ter lido nalgunha ocasión.
Máis como dicía o "bo e xeneroso" Daniel Afonso ?Castelao?: ?Sodes pois uns imperialistas fracasados??
("Prohibíchedes o galego nas escolas para producir no espíritu dos nosos rapaces un complexo de inferioridade, facéndolles crer que falar galego era falar mal, e falar castelán era falar ben. Expulsáchedes o galego das eirexas, facendo que os representantes de Cristo explicaran o Evanxeo no idioma oficial, que o pobo non falaba nin comprendía ben. Refugáchedes o galego ante os tribunais de xustiza e chegáchedes a castelanizar barbaramente as toponimias galegas. ¿E de que vos valeu? Porque despois de máis de catro séculos de política asimilista, exercida con toda riqueza de astucias e violencias, o noso idioma está vivo. Sodes pois uns imperialistas fracasados").
VER FOTOS.
|