 Bieito Lobeira, Deputado no Parlamento Galego polo BNG e Suso Seixo, Secretario Xeral da CIG explicaron o pasado martes 13, o porque desta crise creada polo capital e como podemos sair dela.
-Mentres vemos como a deslocalización de empresas manda á milleiros de traballadores e traballadoras ao paro na procura de man de obra máis barata noutros países, descubrimos que o propio Conselleiro de Economía ten empresas propias deslocalizadas en Portugal.
- Xubilados e xubiladas galegas teñen as pensións máis baixas do estado español.
-Socialización das perdas dos ricos (pagámolas a clase traballadora, que é quen realmente produce).
-Economía ao servizo do capital, en vez de economía ao servizo do pobo.
Cando a ?economía vai ben? non podemos pedir melloras laborais porque disque podemos ?frear o investimento do empresariado? e a creación de emprego. Cando vai ?mal? debemos apertar o cinto e aceptar unha perda de dereitos, porque a economía ?está mal?. Sempre saímos perdendo os mesmos!
Mentres os directivos das grandes entidades banqueiras fixan eles mesmos as desorbitadas cantidades coas que se van prexubilar (en 2008 os conselleiros delegados da banca subíronse o soldo un 53%), á clase traballadora pídeselle que continúe traballando máis aló dos 65 anos porque senón non habería cartos para pagar as pensións de xubilación, ou mesmo vemos como a patronal pide unha baixada dos soldos. E aínda por riba o estado entrega 150.000 millóns de ? aos bancos (logo si que hai cartos!)
Ficou moi claro que esta é a a crise dun sistema socioeconómico fracasado, dun sistema socioeconómico capitalista neoliberal, que como tal, é inxusto e insolidario, e no cal a economía está por riba das persoas, pasando estas a ser simples consumidores.
Esta é a crise dun modelo socioeconómico, dunha humanidade pervertida a si mesma para que una minoría se farte a gañar cartos. Hai billóns de ? para plans de rescate dos bancos, pero non hai cartos para evitar 25.000 mortes diarias en todo o mundo a causa da fame.
Tremendamente elocuentes son, as verbas de ?Bautista Álvarez? (ex-presidente da UPG durante máis de 30 anos) no Terra e Tempo? de 2008 onde di textualmente:
?Antes de esvarar, falarlle de Estado ao Capital era mentarlle o sacauntos.
E ven agora on humildoso senón petulante, a esixir dos poderes públicos que o saquen da latrina económica na que o mergullou o sistema que ten como único Deus?.
Ao que nós engadiriamos: ?e vai papá estado e concédelle os seus desexos?
Ver fotos
Ler máis?
|