.jpg.jpg) Para o vindeiro martes, 13 de outubro, organizamos un acto informativo sobre a crise económica que estamos a padecer todos e todas, e especialmente a clase traballadora, que non entendemos moi ben o porque desta crise, de onde ven, quen a creou, e se tanto desde os gobernos da Xunta como do Estado se están a tomar algún tipo de medidas para que non se volva a dar esta situación.
Para este acto contaremos coa presenza de Bieito Lobeira, Deputado no Parlamento Galego polo BNG, e Suso Seixo, Secretario Xeral do sindicato CIG.
Contamos pois con dous pesos pesados da política e do sindicalismo para falarnos sobre esta crise económica que non creamos nós pero que si que a padecemos.
Pensamos que esta é una boa ocasión para coñecermos directamente a opinión de quen aposta por un novo modelo socioeconómico distinto e escoitarmos unha visión distinta á que ofrecen acotío os medios de comunicación, que a pesar de que algunhas veces ?falan? de inxustizas sociais, NUNCA cuestionan o sistema socioeconómico capitalista que propicia estas desigualdades.
LEMBRA: MARTES 13 DE OUTUBRO, ÁS 20:30 NA AULA DE CULTURA DE CAIXA GALICIA. (Avda. de Fisterra, 63)
A LARACHA
|