|
|
|
|
|
Na Laracha tamén QUEREMOS GALEGO |
|
O domingo 18 a Plataforma cidadá "Queremos Galego" convoca a todo o pobo galego a unha grande manifestación en Compostela na defensa da nosa lingua e contra as políticas de ataque á lingua galega que está a levar a cabo o propio goberno do PP da Xunta e dirixidas polo seu presidente: Alberto Núñez Feijoo.
"Queremos Galego" chama á participación "a esa inmensa maioría de galegas e galegos que queren o seu idioma, que o consideran un dos nosos máis valiosos patrimonios e sinais colectivos, por riba de afiliacións ou mesmo da lingua que empreguen para comunicarse no día a día?.
Esa mesma chamada ao conxunto da sociedade ?é válida tamén para que se sumen a esta plataforma e ás súas iniciativas as persoas e entidades que entenden o galego como un elemento a querer e a defender fronte a quen pretende agredir os nosos dereitos?.
Todo apunta a que será a manifestación máis grande da nosa historia na defensa da nosa lingua.
Desde "A Cutareira" e "Quinta Feira" animámoste a asistir a esta manifestación na defensa da nosa lingua por ser unha causa xusta e noble como é a defensa da nosa lingua.
Para facilitar o desprazamento poñemos un autobús a disposición de todo o mundo que sairá desde A Laracha ás 10:30h do mesmo día (prezo: 5? por adulto, nenas e nenos non pagan).
A manifestación sairá da Alameda ás 12 en dirección á praza da Quintana e ao remate da mesma iremos todos xuntos a xantar ao Fogar do Santiso.
POR GALIZA!!
POLA NOSA LINGUA!!
O DOMINGO 18 TDAS E TODOS A COMPOSTELA!!
Tlfs: 653 618 955 (Xosé Cotelo)
625 686 887 (María Rei)
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|