Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Concentración no Otero Pedrayo da Laracha - A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha


    A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Concentración no Otero Pedrayo da Laracha

Máis de 50 nais e pais concentráronse onte 29 de setembro diante do colexio ?Otero Pedrayo? da Laracha, co obxecto de denunciar a falta de profesorado de apoio neste centro. Hai moito tempo que non se recorda un comezo de curso tan problemático nos centros de ensino públicos de todo o país debido ás políticas neoliberais que está a aplicar o novo goberno da Xunta do PP.

Mentres o Goberno da Xunta do PP recorta en gastos en servizos públicos básicos (gratuidade de libros de texto, falta de profesorado, eliminación do servizo de canguros?) vemos como destinan grandes cantidades de cartos públicos (3 millóns de ?) a financiar colexios próximos ao OPUS DEI en que se segrega ao alumnado en función do sexo do alumnado, como en plena época franquista, ou como gastan máis de 300.000? en enquisas para tratar de eliminar o galego do ensino.

Debemos estar atentos ante estes recortes de dereitos sociais que está a practicar o Goberno da Xunta do PP, pois corremos o risco de perder os logros noutrora conquistados como así está ocorrendo. Non debemos renunciar aos dous piares básicos das políticas sociais e sobre os que se constrúe un verdadeiro Estado de Benestar: SANIDADE e EDUCACIÓN: públicas, gratuítas e de calidade.
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 30-09-2009 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0