Ao longo deste último ano esta Asociación Veciñal leva realizado un intenso traballo, tanto desde o aspecto reivindicativo e actuando de portavoz da veciñanza como dinamizando a vida cultural do noso concello levando a cabo distintas actividades desde a súa creación como asociación. Moitas destas actividades son subvencionadas pola Deputación da Coruña: a sesión do humorista contacontos
Pepo Suevos, dúas
charlas sobre a lingua galega, a celebración das Letras Galegas na que contamos con
Pepe Carreiro (famoso debuxante e deseñador dos Bolechas) onde tamén repartimos gratuitamente 105 libros dos Bolechas nun importante
acto no que contamos con aproximadamente 170 persoas.
Tamén realizamos moitos máis actos de tipo cultural como dúas excursións (ás
Rías Baixas e aos
Canóns do Sil),
unha exposición de fotografías antigas da Laracha, editamos estas fotos en
formato DVD para que todo o mundo que quixera puidera dispoñer dunha copia na súa casa e nos últimos anos tamén vimos celebrando o magosto e o pasado ano por vez primeira o
Samaín.
Todos os anos o Goberno do noso Concello abre unha convocatoria pública para subvencionar as actividades do tecido asociativo da Laracha, en base ao cal, tamén desde
A Cutareira como asociación rexistrada no concello desde 2005 (e ao día en todos os aspectos legais que a lei require) solicitamos axuda para estas dúas últimas excursións (ás
Rías Baixas e aos
Canóns do Sil) co obxectivo de que se recibiamos axuda económica poderiamos abaratar considerabelmente os prezos para as seguintes excursións ou incluso facelas gratuítas.
Mais?unha vez que vemos a resolución de subvencións concedidas polo Goberno da Laracha, cal e nosa sorpresa cando vemos que non aparecemos na listaxe de asociación beneficiadas.
Por que?
Pois simplemente porque o Goberno do PP da Laracha exclúe do programa das bases da convocatoria ás Asociacións Veciñais deste Concello: non temos dereito a subvencións. O Goberno local non contempla subvencionar a asociación veciñais (tal e como podedes ver na copia que vos enviamos, verás que non figuran as AAVV). A convocatoria di textualmente:
?Os principios ós que se suxeitarán os procedementos de outorgamento de subvencións son os seguintes: publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación...?.
Xa a propia convocatoria incumpre os requisitos polos cales se conceden as subvencións!!
Acaso non é isto unha discriminación clara e absoluta?
O goberno da Laracha ven tratando de facernos a vida imposíbel desde a constitución da mesma, negándonos un local para podermos desenvolver as nosas actividades, desacreditándonos unha e outra vez nos medios de comunicación ou agora negándonos o dereito a unha subvención que elabora cos nosos propios impostos.
Por que hai asociacións deste mesmo concello a quen si se lles conceden subvencións, por exemplo para excursións, e á Cutareira non?
Como pode ser que unha das asociación máis activas de todo o Concello estea fóra das convocatorias para axudas do Concello?
Existe algún outro concello onde ocorra algo semellante?
O goberno do PP da Laracha non pode continuar a tratarnos deste xeito durante máis tempo, aplicando estas políticas discriminatorias e actuando como se os cartos foran seus para dárllelos a quen eles queren, os cartos son do pobo e non poden usalos ao seu antollo.