O noso veciño da Laracha e Deputado Provincial, Xoán Manuel Sande Muñiz ( responsable da área de Benestar Social, Políticas de Igualdade e Normalización Lingüística) presentou hoxe en rolda de prensa distintas melloras no espazo web ?recursosparaogalego.com?, creado en 2008 co obxectivo de:
-Ligar o galego ás novas tecnoloxías e utilizar estas como espazo de normalización.
-Fomentar o emprego do software libre, amosar as ferramentas para configurar os equipos, facilitar o seu emprego nos documentos da administración local.
-Estender o uso de correctores da lingua galega.
-Dar a coñecer as ferramentas lingüísticas e sociolingüísticas que se poden atopar na rede, e amosar páxinas de interese que fomenten a cultura e lingua galega.
Xoán Manuel Sande Muñiz enmarcou esta iniciativa no obxectivo da Deputación da Coruña de promover o galego, e lembrou que ?é unha obriga das administracións públicas impulsar o uso da nosa lingua?.
Nesta páxina poderemos encontrar tradutores, correctores ortográficos, manuais de gramática, buscador de topónimos galegos, significado e orixes dos nomes galegos, lexislacións, promagas en galego de balde, cursos interactivos de galego, etc... |