A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Novo ataque de Galicia Bilingue contra o pobo galego
Esta asociación contraria ao uso do galego, fai un chamamento á desobedencia civil e anima a pais e nais a que mercar os libros de texto para o vindeiro curso escolar en língua castelán aínda que estas asignaturas se impartan en galego.

A faciana máis antigalega desta asociación chega a tal extremo que incluso os seus compañeiros de viaxe nas súas reivindicacións (PP) tiveron que chamarlle á atención desde a Xunta de Galiza.

Desde "A Mesa pola Normalización Lingüística"- verdadeiro motor na defensa da nosa lingua- sinalan que "finalizar o ensino sabendo galego igual que castelán é un dereito básico que non se lle pode furtar ao alumnado" e recorda que "dificilmente se poderá conseguir iso se os rapaces e as rapazas carecen das ferramentas para aprender a lingua propia".

Así mesmo, o presidente da Mesa, Carlos Callón, asevera que esta organización cidadá "continuará a defender a lei da democracia fronte á lei do máis forte, a convivencia fronte á crispación e o consenso fronte ás imposicións dos grupos de poder".

“Galicia Bilingüe” é unha asociación de carácter radical que defende posicións lingüísticas acorde con postulados da dereita máis extremista.

Lembremos que o pasado dous de febreiro acudiron á capital galega a manifestarse contra a nosa lingua acompañados por Corina Porro (PP), Carlos Negreira (PP), Alfonso Rueda ( PP), Rosa Diéz (líder de UPyD), "Falange" ou mesmo membros do “Foro de Ermua” que estaban entre as primeiras filas da manifestación.
Comentarios (0) - Categoría: Lingua - Publicado o 29-07-2009 15:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal