A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

25 DE XULLO, DÍA DA PATRIA GALEGA
As orixes da celebración remóntanse ao ano 1920, cando as Irmandades da Fala organizan o primeiro Día de Galicia como acto de afirmación da nosa identidade colectiva.

Desde entón as manifestacións organizadas para conmemorar o Día da Patria estiveron sempre condicionadas pola situación política do momento, aínda que sempre co eixo central da reivindicación dos símbolos e a identidade do país.

En 1921 e 1922 celébrase sen obstáculos. As Irmandades retoman o seu discurso sobre os valores galegos e definen o 25 de xullo como: “O Día de Galicia. O día da Nosa Fala Nacional”.
Coa dictadura de Primo de Rivera (1924-1929) o endurecemento da política impide as celebracións ata 1931.

A chegada do franquismo trae moitos días de silencio, tamén para a reivindicación da patria. Paseniñamente irase recompoñendo a conciencia dende mediados de século cando se recupera a misa en galego na honra de Rosalía.
Arredor dalgúns históricos galeguistas mantense vivo o facho en Compostela onde en peregrinaxe chegan os narradores e poetas da época para asistiren a San Domingos de Bonaval na honra dos versos de Rosalía, en definitiva a renderlle homenaxe á voz silenciada do pobo.

Durante varias décadas a conmemoración do 25 de xullo estivo reducida a unha misa por Rosalía en San Domingos de Bonaval e xa no 1968 tocoulle á Unión do Pobo Galego (UPG) rescatar a data na denominación e no contido, e sería xunto ao Partido Socialista Galego (PSG) quen se manifesten de forma clandestina para conmemorar o Día Nacional de Galicia que remataban con fortes enfrontamentos coa policía franquista, e aínda coas entrada da democracia se seguiron a prohibir as
manifestacións da AN-PG (Asemblea Nacional-Popular Galega) e BN-PG, xermes do actual Bloque Nacionalista Galego.

Até mediados dos anos 80 non foi permitida a manifestación do Día da Patria con normalidade democrática, sendo hoxe o acto máis multitudinario de todas as celebracións que teñen lugar o 25 de xullo na capital galega.

O Decreto de 1 de xaneiro de 1979 denomina oficialmente ao 25 de xullo como “DÍA NACIONAL DE GALICIA"

Recomendamos a visión do seguinte vídeo relacionado co significado do Día da Patria, comentado excepcionalmente pola xornalista da TVG Tareixa Navaza hai 25 anos.

Comentarios (0) - Categoría: Queremos saber - Publicado o 22-07-2009 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal