A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O PP OBSESIONADO CO EXTERMINIO DO GALEGO
Agora pretende eliminar a realización en galego dunha ou máis probas de acceso á función publica modificando o artigo 35 da Lei da Función Pública Galega .

Coa eliminación da obriga de realizar en galego como mínimo unha das probas das oposicións á función pública estase furtando o dereito a podermos ser atendidos en galego nas administracións públicas, xa que os futuros empregados e empregadas públicos/as non terán que amosar a competencia lingüística necesaria para desenvolver o seu traballo en galego.
Esta medida evidencia que o PP, a través do goberno da Xunta, ten como obxectivo prioritario e urxente eliminar todas as avances que fomos conseguindo para que o noso idioma sexa recoñecido e usado na administración o que debe comportar o seu coñecemento e competencia por todos e cada un dos empregados e empregadas públicos/as.

Que o goberno do Partido Popular conte coa maioría absoluta, mais non coa maioría dos votos dos galegos e galegas, non lle dá vía libre para aldraxar e menosprezar o noso idioma, deseñando unha política lingüística involucionista que procura a extinción do noso idioma.

Estamos ante un goberno de Galiza que por moi paradoxal que semelle é antigalego cuxas directrices emanan de Madrid para relegar o coñecemento e o uso do noso idioma de todos os ámbitos posíbeis.

Vídeo da concentración Da CIG AQUÍ
Comentarios (0) - Categoría: Lingua - Publicado o 26-05-2009 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal