A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O PP PROMOVE MEDIDAS CONTRA O GALEGO QUE PODERÍAN SER ANTICONSTITUCIONAIS

A consulta aos pais e nais para que elixan en que lingua queren escolarizar os seus fillos, e a porta aberta á segregación, reportoulle á Xunta críticas de profesores, pais e pedagogos. A Xustiza tamén podería frear as súas intencións.

Luís Villares, xuíz e coautor do Estatuto xurídico da lingua galega, cuestiona desde diferentes puntos os plans da Xunta e o xeito en que se está empregando o termo liberdade en todo este asunto. "Para que haxa liberdade de escolla ten que haber igualdade de condicións das linguas, e iso non é a situación que temos hoxe. E o que ten que facer a escola é precisamente prepararche para poder escoller".

O Tribunal Constitucional determinou ademais nos 80 que as leis de normalización deben ser de aplicación graduais e progresivas. "E iso obriga a que se vaia de menos a máis, e cun horizonte definido, NUNCA unha política de normalización regresiva", recalca o experto.

"Os alumnos non poderán ser separados en centros diferentes por razón da lingua. Tamén se evitará, a non ser con carácter excepcional se as necesidades pedagóxicas así o aconsellaren, a separación en aulas diferentes". Este é o artigo 13 da Lei de normalización lingüística aprobada en 1983, cando Gerardo Fernández Albor era presidente da Xunta.

"Os destinatarios somos todos para crear cohesión social. Coa segregación normalizaríase o que queira e o que non, non se normalizaría, e iso é inconstitucional", engade o maxistrado sobre unha cuestión que, de seguro, vai dar aínda moito que falar nos próximos meses da política galega.

SE QUERES LER ÁIS CLICA AQUÍ
Comentarios (0) - Categoría: Lingua - Publicado o 25-05-2009 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal