|
|
|
|
|
AXUDAS ECONÓMICAS POR FILLAS/OS MENORES DE 3 ANOS |
|
Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillos/as menores de tres anos na data do 1 de xaneiro de 2009 e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2007, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas
Xunto coa folla de solicitude deberá presentarse unha fotocopia do DI, unha fotocopia do libro de familia ou certificación literal de nacemento do rexistro civil e un certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.
Prazos de solicitude
O prazo de presentación das solicitudes remata o 13 de maio e poderá facerse no Rexistro Xeral da Xunta e nas Delegacións Provinciais da Vicepresidencia. Ademais, tamén existe a posibilidade de facelo por vía telemática a través da aplicación informática establecida no enderezo da internet http://www.xunta.es/aplicacions/pfc.
Ou se o prefires podes acudir ao Departamento de Servizos Sociais do Concello (981 60 50 01).
Baixa a túa solicitude aquí
MÁIS INFORMACIÓN AQUÍ |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|