A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

BILINGÜISMO-DIGLOSIA
Moitas veces oímos falar nos medios de comunicación de bilingüismo, diglosia, conflito lingüístico,...pero sabemos realmente o que significan estes termos?


QUE É O BILINGÜISMO?


O bilingüismo é a capacidade dunha persoa para utilizar indistintamente dúas línguas.


QUÉ E A DIGLOSIA?


A diglosia é a situación de convivencia de dous idiomas no seo dunha mesma poboación ou territorio, onde un dos idiomas ten un estatus de prestixio (castelán) —como lingua de cultura, prestixio ou uso oficial— fronte ao outro, que é relegado ás situacións socialmente inferiores da oralidade, a vida familiar e o folclore (o que ocorre co galego).

A situación sociolingüística é formalmente de diglosia cando a lingua dominada é maioritaria nos estratos con menos poder e prestixio da sociedade (galego), mentres que a outra é propia da clase ou grupo dominante, así como do exercicio do poder administrativo (castelán).

Os membros da clase inferior poden ou ben aceptar que as linguas teñen funcións distintas e empregalas segundo a situación, ou ben emprender un proceso de naturalización para a lingua dominante, asumíndoa para todas as situacións e empregando a lingua dominada só de maneira residual. Nestas situacións, a transmisión interxeracional da lingua dominada sempre é complicada, perdendo falantes a cada xeración (situación actual do galego).
Comentarios (0) - Categoría: Lingua - Publicado o 20-03-2009 01:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal