Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
ROTUNDO ÉXITO D'A CUTAREIRA - A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha


    A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ROTUNDO ÉXITO D'A CUTAREIRA
Foron moitísimos as persoas que pasaron pola Aula Cultural de Caixa Galicia a visitar a exposición que durante 3 días estivo aberta ao público. A mostra estaba formada por máis de 550 fotos antigas que trataban sobre temas variados como cambios urbanísticos no noso concello, fotos familiares, de cumpreanos, de vodas, da mili, da Guerra Civil Española, de manifestacións na Laracha, antigas formacións do Laracha C.F., do San Román, antigo equipos de balonmán feminino,romarías,etc...Durante todo este tempo estivemos proxectando continuamente nunha pantalla xigante todas as fotografías das que se compoñía a exposición.

Varias persoas asistentes ao acto, moi ilusionadas, amosaron a súa disposición a seguir colaborando neste tipo de actos e animáronnos para que continuáramos recollendo máis fotografías e poder realizar unha nova exposición en canto cando sexa posíbel.

O presidente, Xosé Mª Cotelo amosouse ?satisfeito pola excelente acollida que tivo este acto e que considero un grande éxito para a asociación, e polo tanto, para a sociedade larachesa en xeral; pero de momento é moi pronto para pensar nunha próxima exposición a curto prazo. De todos os xeitos estamos dispostos a seguir recollendo fotos para, se é posíbel, podermos ofrecer a toda a veciñanza unha nova exposición con máis fotos.

Agradecemos a asistencia a todas as persoas, moi especialmente a quen colaborou máis activamente prestando as súas fotografías para este bonito fin e por isto queremos lembrar, unha vez máis, que este acto non se podería levar a cabo sen a axuda de cada unha das persoas que traballastes neste proxecto. Compre, xa que logo, parabenizar á veciñanza larachesa?.

Se queres ver en imaxes como se desenvolviu o acto, clica aquí

Na foto,e de esquerda a dereita, Xosé Cotelo e Fernando Gesto, Presidente e Tesoureiro respectivamente.
Comentarios (3) - Categoría: Actividade - Publicado o 15-03-2009 21:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 ese paiosa#blgtk08#co campeon
Comentario por xan de couzadoiro (15-03-2009 22:00)
2 ese paiosa#blgtk08#co campeon
Comentario por xan de couzadoiro (15-03-2009 22:03)
3 Eran momentos de gloria para o Paiosaco, si señor.Daquela a inmensa maioría dos futb#blgtk08#olistas eran veciños do concello.

Grazas por escribir, Xan.
Comentario por Administrador (16-03-2009 15:55)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0