Os días 13, 14 e 15 de marzo convidámoste a que visites a exposición fotográfica que estará exposta na Aula Cultural de Caixa Galicia (Avda. de Fisterra, 63, enriba da oficina da mesma entidade).
A exposición está composta de 550 fotografías e os temas sobre os que trata son moi variados. Así poderemos ver fotos familiares, de antigas formacións de equipos de fútbol do concello como o Laracha C.F., San Román, Paiosaco, antigas formacións do equipo de balonmán feminino, romarías, festas, os antigos trolebuses eléctricos, veciñas e veciños da Laracha anos atrás, manifestacións na capital larachesa, vodas, procesións, fotos da mili, da guerra, da emigración...e poderemos observar como foi mudando o aspecto do noso concello desde os anos 50.
Os horarios de visita son os seguintes:
VENRES 13: de 18:00 a 22:00
SÁBADO 14: de 11:30 a 14:00 e de 17:00 a 22:00
DOMINGO 15: de 11:30 a 14:00
Agradecemos en nome da asociación a todas as persoas que colaborastes para que este bonito traballo se puidera levar a cabo xa que sen vós isto sería inviábel.
NOTA:Como podes supoñer, este acto ten uns gastos (impresión, decoración, etc...) que a Asociación debe asumir. Para facermos fronte a estes gastos pediremos a cada visitante 2? que servirán para custear a exposición e para posibilitar que poidamos levar a cabo máis actos deste tipo (quen sabe se outra exposición aínda maior!)
Agardamos que todo sexa do teu agrado, pois está feita con moita ilusión e quedan atrás, moitos, moitos días de intenso traballo.
Vémonos durante a fin de semana.
Non faltes, pasamos lista!
Unha aperta.
Asdo.: Xosé Mª Cotelo Freire
(presidente da Asociación Veciñal ?A Cutareira?) |