Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA NA LARACHA - A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha


    A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA NA LARACHA

Os días 13, 14 e 15 de marzo convidámoste a que visites a exposición fotográfica que estará exposta na Aula Cultural de Caixa Galicia (Avda. de Fisterra, 63, enriba da oficina da mesma entidade).

A exposición está composta de 550 fotografías e os temas sobre os que trata son moi variados. Así poderemos ver fotos familiares, de antigas formacións de equipos de fútbol do concello como o Laracha C.F., San Román, Paiosaco, antigas formacións do equipo de balonmán feminino, romarías, festas, os antigos trolebuses eléctricos, veciñas e veciños da Laracha anos atrás, manifestacións na capital larachesa, vodas, procesións, fotos da mili, da guerra, da emigración...e poderemos observar como foi mudando o aspecto do noso concello desde os anos 50.

Os horarios de visita son os seguintes:

VENRES 13: de 18:00 a 22:00

SÁBADO 14: de 11:30 a 14:00 e de 17:00 a 22:00

DOMINGO 15
: de 11:30 a 14:00


Agradecemos en nome da asociación a todas as persoas que colaborastes para que este bonito traballo se puidera levar a cabo xa que sen vós isto sería inviábel.


Asdo.: Xosé Mª Cotelo Freire

(presidente da Asociación Veciñal ?A Cutareira?)

Comentarios (1) - Categoría: Actividade - Publicado o 28-02-2009 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Ola, enviamos contacto para visita o blog de "O Faiado da Memoria", un espacio para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano.

A pesares de que abarca tan só a zona de influencia de Vilagarcía de Arousa, alí poderás atopar fotografías e información sobre a#blgtk08# vida desde o remate do século XIX, ata os anos oitenta. Con posibilidad de baixar documentos sobre xogos ou libros de apropositos de comenzos do século XX que poden ser de interés para o uso nas actividades escolares.

Gracias pola vosa visita.

www.blogoteca.com/ofaiadodamemoria
Comentario por antón (01-03-2009 00:27)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0