.jpg) O de 3º da E.S.O. do I.E.S. Agra de Leborís da Laracha chegou a ser finalista do premio CORRELÍNGUA 2009 que finalmente foi outorgado ao curso de 4º da ESO do C.P.I. de Panxón, a quen desde este sitio web felicitamos.
Todos os traballos foron elaborados a partir do lema do Correlingua 2009: ?En galego! Pásao?. O Manifesto gañador será lido nas catorce marchas a favor da lingua que percorrerán Galiza entre os días 5 e 15 de maio con inicio en Vigo e remate na Coruña.
Segundo a organización, arredor de 300 centros de ensino infantil, primario e secundario participaron nas diferentes modalidades, con traballos de grande calidade. O concurso de banda deseñada convócase entre grupos de Educación Infantil e Primaria, e o de manifesto entre o grupos de secundaria e bacharelato.
O Correlingua está organizado pola Asociación Socio Pedagóxica Galega (AS_PG), a CIG-Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística, e os concellos de Vigo, Lugo, Ourense, Pontevedra, A Coruña e Santiago, contando ademais coa colaboración de diferentes organismos do goberno galego e outros concellos de Galiza.
PARABÉNS A ORGANIZACIÓN E A TODAS E TODOS OS PARTICIPANTES, ESPECIALMENTE ÁS NOSAS VECIÑAS E VECIÑOS DO I.E.S. AGRA DE LEBORÍS.
MANIFESTO GAÑADOR
|