Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
QUE SABEMOS DOS BIOCOMBUSTÍBEIS? - A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha


    A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

QUE SABEMOS DOS BIOCOMBUSTÍBEIS?
Inserimos neste blogue parte dun interesante artigo extraído de RevistaFusión. Como vés é algo extenso pero doado de entender e explica a relación directa que existe entre os denominados ?biocombustíbeis? e a suba de prezos experimentada nos últimos anos polos cereais, pan, penso, leite, etc... Agardamos que che sexa de utilidade ou que cando menos sirva para que coñezas a parte sobre a que os medios de comunicación convencionais falan moi pouco ou nada.

QUE SON OS BIOCOMBUSTÍBEIS?


Tendemos a asociar a palabra ?biocombustíbel? con ese novo carburante que vai facer funcionar o teu coche sen contaminar o medio ambiente. O sucio petróleo negro substituído polas verdes plantas. En concreto, cando falamos de biocombustíbeis referímonos ao que se coñece como biodiésel e como bioetanol. O primeiro obtense do procesamento de aceites vexetais da colza, palma africana, soia, xirasol ou millo. O segundo é un alcol que se obtén do azucre da remolacha ou cana de azucre, e tamén do amidón do millo, a cebada ou o trigo.

SON OS BIOCOMBUSTÍBEIS UNHA ALTERNATIVA REAL AO PETROLEO?


?En teoría? os biocombustíbeis son menos contaminantes que os derivados do petróleo. Baseándose nesa premisa, os Estados Unidos e a Unión Europea propuxéronse alimentar os seus vehículos con eles. Para logralo deben remodelar os seus cultivos, e ademais comprar millo, soia ou aceite de palma aos países do Sur. O resultado inmediato é o incremento do prezo destes alimentos, tal e como estamos comprobando.

Na maioría dos países, o biocarburante elixido mestúrase nunha porcentaxe determinada co diésel sen necesidade de cambiar os coches, aínda que en Brasil desde hai anos os coches funcionan con etanol puro. Até aquí todo parece moi limpo e ecolóxico, aínda que hai quen asegura que esa visión ?verde? non é máis que aparencia. Para o Nobel de Química, Hartmut Michel, cos biocombustíbeis non se aforran emisións de CO2 posto que ao fermentar o vexetal só se obtén o 10% de alcol. Elevar esa proporción ao 100% leva empregar enerxía de combustibles fósiles. Así que se acaba emitindo máis CO2 do que produciría simplemente un coche de gasolina.

FAME


Hai a quen lle pode parecer esaxerado a formulación de que empregar biocombustíbeis desemboque en fame, pero xa temos exemplos reais diso. Calcúlase que nos dez primeiros meses de 2007 109.000.000 de toneladas de trigo foron desviadas a plantas de produción de etanol, en lugar de servir como alimento. E se observamos o caso dos Estados Unidos, veremos que a partir de que empezou a elaborar etanol empregando millo, nun ano subiu o prezo deste produto.

COMO É POSÍBEL QUE SE CHEGARA Á SITUACIÓN ACTUAL?


Moitos agricultores que plantaban para consumo humano e animal pasáronse ao outro lado, posto que lles resulta máis rendíbel. Ao haber menos sementes para comer, o prezo das mesmas sobe. O resultado nos E.E.U.U. é que creceu o prezo do millo que comen porcos, bovinos e aves, co cal se incrementaron todas as súas carnes, ademais dos seus derivados como o leite, manteiga e ovos. Pero quen está a abastecer ao mundo occidental de vexetais para logo convertelos en biocombustíbeis son os países en vías de desenvolvemento e alí as consecuencias están a ser devastadoras.

Moitos deles están a abandonar os seus cultivos tradicionais para plantar aqueles que producen etanol porque lles dan máis beneficios. En Brasil cambiáronse os campos de soia, algodón e diversos alimentos pola cana de azucre. A consecuencia é que os seus habitantes xa pagaron tres veces máis polos seus alimentos no primeiro semestre de 2007, que no mesmo período do ano anterior.
Para Manoel Santos, biólogo e director do suplemento ?Altermundo? "están a xogar coa vida da xente. Non se poden deixar de cultivar terras para alimentos e dedicalas a engordar a opulencia dos países industrializados. Xa temos varios exemplos que demostran que a demanda de cereais para producir bioetanol está a subir os prezos, co que a xente máis pobre non pode comprar alimentos?.

POR QUE SE APOSTA POLOS BIOCOMBUSTÍBEIS?


De descoñecermos este combustíbel pasamos a un ?boom? apoiado polos medios de comunicación, desde onde se nos convence das súas virtudes pero moi pouco se fala dos seus efectos. A O.N.G. ?Grain? -que promove o manexo e uso sustentable da biodiversidade agrícola- asegura que tras os agrocombustíbeis atópanse as industrias automobilísticas e petroleiras, empresas alimenticias, compañías biotecnolóxicas e empresas dedicadas a investimentos a nivel mundial.
Para Manoel Santos "a aposta real de ir substituíndo paulatinamente a dependencia dos chamados combustíbeis fósiles por eses agrocombustíbeis, nace dos poderes financeiros internacionais que dominan o mundo ?O.M.C., F.M.I., Banco Mundial-, das transnacionais ás que serven e loxicamente dos países aliñados co Imperio Norteamericano -e tamén dos seus elitistas clubs de ricos como o G-8 ou a OCDE-, o que inclúe toda a Unión Europea.

Pero o fondo da cuestión, segundo Santos, é que debemos "reflexionar a escala mundial sobre o actual modelo enerxético e da sociedade consumista en xeral. Por moita enerxía renovábel que fomentemos nunca será suficiente se non camiñamos cara á eficiencia no consumo, cara ao aforro, cara á reciclaxe do reciclábel, e cara a un cambio nas nosas demandas ultracapitalistas. Todos falan de enerxías alternativas, pero ninguén de empregar menos enerxía. A loita é contra o neoliberalismo, contra o capitalismo desaforado. é, simplemente, unha loita pola vida".

Seguimos usando aos países en proceso de desenvolvemento para satisfacer as nosas ansias consumistas e manter o noso absurdo estilo de vida consumindo excesiva e innecesariamente aínda que iso signifique arrastrar á pobreza e á fame a millóns de seres humanos. A terra non se debería de usar para alimentar vehículos, senón para alimentar seres humanos. Se sabemos que todos os campos do mundo non chegan para abastecer de biodiésel aos automóbiles, pero seguimos usando os terreos para este fin...que comeremos?...comeremos vehículos e beberemos biodiésel?

MÁIS NOTICIAS AQUÍ
Comentarios (0) - Categoría: Queremos saber - Publicado o 16-02-2009 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0