Os letreiros de sinalización do noso o Concello están a ser renovados despois de que a veciñanza o reclamara a través desta asociación, mediante dous escritos entregados no rexistro do concello. A Xunta de Goberno Local ven de solicitar á Deputación da Coruña 65000? para o financiamento da instalación de sinalización vertical nas parroquias e poder así para continuar con este traballo.
Das nosas reclamacións feitas no seu día, tamén se fixo eco a prensa, que entendeu a queixa totalmente xustificada xa que no Concello da Laracha NUNCA tivemos uns letreiros que reflectiran a realidade da nosa toponímia nin tampouco, até agora, o Goberno da Laracha lle dera importancia algunha a este feito.
Agardemos que a nova rotulaxe se faga correctamente e que desaparezan dunha vez por todas letreiros como ?Casabella? (en lugar de ?A Casavella?) en Montemaior, ?San Cristobo? (en lugar de ?San Cristovo?) ou ?Igresa? por ?Igrexa? tan común este último en todas as parroquias do concello.
No Nomenclátor da Xunta de Galiza podes ver toda a toponímia oficial do noso país.
Se queres consultar o que di o artigo 10, punto 1, da Lei de Normalización Lingüística podes facelo desde aquí.
Foi noticia no Cutaxornal |