|
|
|
OLLO COAS HIPOTECAS |
|
Se te fixeches cunha propiedade nestes dous últimos anos, ben sexa vivenda, terreos..., e estás pagando un préstamo é posíbel que xa recibiras unha carta da Consellaría de Economía e Facenda reclamándoche uns cartos que debes á Administración pola compra en cuestión.
Isto ocorrerache se, poñamos un exemplo, escrituraches unha vivenda e no contrato da hipoteca consta un valor de taxación por enriba do valor de compra. A administración pode, entón, reclamar o 7% da diferenza entre o valor de compra e o valor da taxación que efectúa a entidade financeira e que consta na escritura da Hipoteca (toma como referencia o valor de taxación, non o de compra). Ese 7% corresponde ao chamado Imposto de Transmisións Patrimoniais (I.T.P.)
Xa sabemos que son moitas as persoas que prefiren inflar o valor de taxación do inmóbel para dispoñer así de máis cartos en efectivo para destinalos ao que máis lle conveñan, tendo en conta que estes cartos teñen un tipo de xuro hipotecario, ou sexa máis baixo ca un préstamo persoal. Pero tamén debemos ter en conta a información dada anteriormente e valorar o que convén ou non, porque son moitas as persoas que están a levar unha importante sorpresa.
La Opinión de A Coruña |
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Curiosamente, non deixa de ser un#blgtk08# pago por especular en certo modo |
|
|
Comentario por doceasubio (09-02-2009 19:22) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|