No día de hoxe, varias centos de persoas manifestáronse en Compostela nun acto convocado por ?Galicia Bilingüe? en contra da Lei de Normalización Lingüística e do Plan Xeral de Normalización Lingüística, aprobados ambos no Parlamento Galego e por unanimidade polos nosos representantes políticos (BNG, PPdeG e PSde G-PSOE).
Ao acto asistiron forzas de corte ultradereita como a Falange e UPyD (liderado pola ex PSOE Rosa Díez) e unha boa representación de altos cargos do PP (Corina Porro, Alfonso Rueda, Ana Pastor...). Nin que dicir ten que as demandas da manifestación non son amparadas nin pola Constitución Española nin polo Estatuto de Autonomía.
A Mesa pola Normalización Lingüística, cualificou a de hoxe como unha "manifestación do odio e a intolerancia, tristemente apoiada polo PP" e di que ?chama a atención os apoios explícitos da extrema dereita, como a Falange Auténtica e ao comunicado da AVT no que se equiparou a defensa do galego coa coacción e a exaltación a ETA?.
Desde A Mesa manifestan a súa ?defensa da igualdade xurídica e social do castelán, a lingua oficial do Estado, co galego, a lingua natural de Galiza? e conclúen: ?Quen honestamente diga defender o bilingüismo, debería apoiar o idioma que está discriminado e non saír en manifestacións para que se machaque aínda máis.?
Máis información aquí
|