Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
RECLAMAMOS PISTAS POLIDEPORTIVAS AO AIRE LIBRE - A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha


    A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

RECLAMAMOS PISTAS POLIDEPORTIVAS AO AIRE LIBRE
ENTREGADO NO REXISTRO DO CONCELLO


A Laracha, 02 de xaneiro de 2009



Xosé Mª Cotelo Freire, presidente da Asociación veciñal de Torás-A Laracha ?A Cutareira?

EXPÓN:

A parroquia de Torás, con máis de 3000 habitantes é a máis poboada de todo o concello, por este motivo poderiamos pensar que é a que conta con máis oferta de servizos públicos desde o Concello, dada a concentración demográfica, en cambio, no que atinxe a espazos abertos para practicar deporte libremente, non é así.

Para dar servizo a máis de 3000 persoas, tan só contamos cun reducido e insuficiente espazo de menos de 100m² e unha única canastra, situado no Parque Maximino Canedo. Non temos nin unha soa portería, e nas prazas públicas, loxicamente están prohibidos os xogos con balón. Ante esta situación, e se nas prazas públicas non se pode xogar ao balón, nin andar en bici (tampouco no paseo fluvial do río Anllóns) ...onde xogan as rapazas e os rapaces?

Curiosamente, hai outros lugares do concello como Cabovilaño, Lemaio, etc?que si que que contan con estas infraestruturas a pesar de que contan cun número moito menor de habitantes. Por exemplo a vila de Caión, onde no Campo da Ínsua, a veciñanza do lugar dispón de pistas deportivas sendo o único requisito para poder entrar dar un empurrón a porta.

Isto é precisamente o que se bota de menos na Laracha e que a veciñanza demanda: unhas pistas polideportivas ao aire libre para que poidan ser usadas con total liberdade sen ter que pedir permiso a ninguén para facer uso delas.

Os pavillóns polideportivos dos que dispoñemos a veciñanza do concello cumpren, seguramente, as súas funcións para as que foron concebidos, pero nada teñen que ver con estas instalacións que estamos a demandar, senón que unhas deben ser complementarias das outras, e en calquera caso necesarias ambas.

Pensamos que se debería de dotar á parroquia destos servizos porque entendemos que sería perfectamente asumíbel polo Concello, que é necesario, e que melloraría a calidade de vida da veciñanza.


SOLICITA:

Que o goberno do Concello teña en conta a demanda desta Asociación para dotar á veciñanza desta parroquia de espazos onde as rapazas e os rapaces poidan practicar deporte (fútbol, baloncesto, tenis?) ao aire libre e con portas abertas para que poida acceder quen o desexe no momento en que queira.


Asdo.:Xosé Mª Cotelo Freire
(presidente da A.V.V. A Cutareira)

Comentarios (0) - Categoría: Escritos... - Publicado o 05-01-2009 15:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0