Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
A NOSA TOPONÍMIA - A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha


    A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A NOSA TOPONÍMIA
ENTREGADO NO REXISTRO DO CONCELLO


A Laracha 16 de Maio de 2008



Xosé Mª Cotelo Freire, presidente da Asociación Veciñal ?A Cutareira? de Torás-A Laracha
EXPÓN:

Os topónimos, eses nomes de lugares con que os nosos ancestros foron identificando ao longo da historia os distintos puntos xeográficos do país tendo en conta as particularidades do seu medio físico (vales, fontes, regatos, outeiros, bosques,?) conforman unha parte moi importante da historia do noso pobo e da nosa cultura. Os nosos devanceiros, encargáronse de facernos chegar até os nosos días esta riqueza toponímica e nós temos a obriga de continuar con esta transmisión cultural a xeracións vindeiras, sen deturpacións nin inteferencias, porque forma parte da nosa identidade cultural.

Son moitísimos en Galiza, os nomes de lugares que van precedidos dun artigo (O Grove, A Lanzada, A Coruña, A Guarda?) e que forman, tamén, parte inseparábel do nome. No caso do Concello da Laracha isto acontece no sesenta por cento dos casos (A Laracha, As Camposas, A Xesta, As Rañeiras?), máis en cambio, non está reflectido nos rótulos.

A pesar de que hai xa máis dun ano, o Goberno Municipal, xunto co S.I.T.G.A. realizou un estudo de microtoponímia na Laracha afirmando publicamente que o obxectivo era "conservar e preservar a toponímia do noso Concello?, non observamos que se puxera en práctica esta declaración de protexer a nosa riqueza toponímica. Compre levar á práctica esa declarada intención de conservar e protexer a nosa toponímia, que a día de hoxe e desde hai moito tempo, encóntrase en estado de abandono. A nula existencia de letreiros en moitos lugares do Concello, e a cantidade de grallas ortográficas que estos conteñen, non fan senón, que fomentar o descoñecemento desa toponímia que, teóricamente, se intenta protexer, e máis ben, provocan todo o contrario, fomentan o descoñecemento e a desinformación sobre os nomes dos lugares.

Como proba disto, facemos entrega, de fotografías de letreiros de lugares do noso concello que conteñen grallas ortográficas, algunhas comúns en cada unha das 13 parroquias: Igresario ( O Igrexario) e outras como Casabella (A Casavella), Urraca (A Orraca), Vilano (Vilaño), Río Allóns (Rio Anllóns), Hermida de Sta. Margarita (Ermida de Sta. Margarida), Soututullo (Soutullo), etc...Se o Goberno do Concello permite e conserva estas deturpacións lingüísticas, significa unha falta de interese real no avance cara a normalización linguística deste país, e supón un desprezo e un atentado contra a nosa língua, signo de identidade e orgullo do pobo galego.

Somos conscientes de que o cambio de todos os rótulos do Concello significa un desembolso de cartos importante e que non nos corresponde a nós decidir en que momento se deba de facer, pero cando menos, gustaríanos adquirir o compromiso por parte do Goberno do Concello para corrixir estas deficiencias.

SOLICITA:

O compromiso de restaurar todos os rótulos polos seus nomes correctamente escritos, conforme constan no Nomenclátor oficial da Xunta de Galiza, e que se sinalicen correctamente os nomes dos lugares que faltan, co obxectivo de conservar, protexer, divulgar e asegurar a transmisión lingüística da nosa toponímia sen alteracións nin deturpacións.


Asdo.:Xosé Mª Cotelo Freire

Comentarios (0) - Categoría: Escritos... - Publicado o 05-01-2009 14:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0