.jpg) COMUNICADO PÚBLICO
A Laracha, sete de febreiro de 2008
A Asociación Veciñal ?A Cutareira? de Torás ?A Laracha quere darlle publicamente os parabéns á empresa Hidroeléctrica Laracha pola recente inclusión do galego nas súas facturas atendendo así, a petición que esta Asociación lle fixo no seu día.
Valoramos de xeito moi positivo este paso adiante en favor do Galego, xa que cremos que é necesario e importante a implicación do empresariado galego no proceso de normalización linguística, e que esta pasa polo emprego da nosa língua, tanto a nivel interno como de cara á clientela, sen que esta fique excuída en ningún caso, usandoa con naturalidade como fai calquera outro pobo en calquera outro país onde a súa língua está normalizada.
Asdo.: Xosé Mª Cotelo Freire
(Presidente da Asociación ?A Cutareira?)
|