A Mocidade pola Normalización Lingüística cifra nun 80% o seguimento da folga para esixir a aplicación do Decreto do Galego no Ensino e á que estaba convocado o estudantado da educación secundaria de Galiza. Con esta protesta esixen a Educación que "controle" a aplicación correcta desta norma.
O seguimento da folga en Bacharelato e nos ciclos formativos foi superior ao 80%, mentres que no Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) o paro foi secundado por máis do 50%.
Con esta mobilización, convocada pola Mocidade pola Normalización Lingüística, Galiza Nova e os Comités de Estudantes, pretendían dar un toque de atención á Consellaría de Educación para mostrarlle ?que existe unha preocupación" coa aplicación do decreto de galego nas aulas.
"Queremos que a Xunta faga os seus deberes", dixo Francisco Rei, á vez que insistiu en que "do mesmo xeito que os estudantes teñen que render contas e estudar, a consellería debe cumprir coas súas obrigas".
Así, esixiu que Educación "garanta a plena aplicación do decreto". Neste sentido, comentou que coa mobilización de hoxe lanzaron unha ?clara mensaxe " de que "o estudantado aposta pola lingua propia".
DIRECCIÓNS DE VARIOS CENTROS PRESIONAN AO ALUMNADO PARA QUE NON ASISTAN Á FOLGA.
|