A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

HALLOWEEN? NON,GRAZAS: SAMAÍN!
A noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta e a súa festa na honra dos defuntos, marcando a transición do outono ao inverno.
Nesta noite, séculos atrás, un pobo con fondas crenzas relixiosas relacionadas coa inmortalidade da alma, cunha preocupación natural polos queridos defuntos expostos ao frío, á escuridade do inverno, á intemperie e á tristura dos camposantos buscaba un camiño para reunirse cos seus antepasados mortos. Por iso, preparaban alimentos e agasallos para os parentes mortos, pàra que as ánimas dos parentes finados voltasen a visitar as súas familias e as súas antigas casas para comeren nas mesas e quentarse ao carón do lume da lareira.
Polo samain era costume baleirar nabos de grande tamaño posteriormente cabazas- para pórlles dentro candeas. Varios séculos despois esta tradición –que se mantén aínda en Galicia- ten continuidade nas festas de Halloween, que poderían ter exportado aos Estados Unidos os irlandeses no século XIX e comezos do XX.

QUE POBOS CELEBRABAN O SAMAÍN?

Os pobos (celtas) habitantes de Galiza,Asturias Cantabria,Euskadi, norte de Portugal...
Polo tanto, o SAMAÍN, é unha festa tradicional propia dos pobos que habitaron Galiza séculos atrás e que está en proceso de recuperación no noso país. "Halloween" é un festa comercial estadounidense con intereses puramente consumistas.

ESTACIÓNS DO ANO CELTA

O ano celta estaba organizado arredor de catro festas principais. As festas repartíanse tendo en conta a súa natureza e significado orixinal: dúas delas estarían asociadas á apertura e peche das estacións:
Samain, 1 de novembro, comezo do inverno: a estación sombría
Beltain, 1 de maio: o comezo do verán
Había outra celebración central: de equilibrio:
Lugnasad, 1 de agosto, coincidindo coa recollida dos froitos.
E unha última festa arcaica, que podería relacionarse co cumprimento dunha cerimonia obrigatoria:
Imbolc, 1 de febreiro, cristianizada posteriormente.
Comentarios (0) - Categoría: Queremos saber - Publicado o 21-10-2008 15:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal