En Maio de 2005 un grupo de veciños da parroquia de Torás tomamos a iniciativa de constituirmos unha asociación veciñal porque entendiamos que era esta unha necesidade que estaba por cubrir no noso concello. Os fins que se pretendían conseguir eran, e seguen a ser, entre outros, os de calquera outra asociación veciñal:
- Recoller e atender as reivindicacións das socias e dos socios do concello sempre baseados nos intereses colectivos da comunidade.
- Favorecer o desenvolvemento social da parroquia e do concello como elementos básicos para a mellora da calidade de vida da veciñanza.
- Contribuir ao fomento do asociacionismo e colaborar con asociacións veciñais, culturais ou agrupacións doutros ámbitos para a resolución de todos os problemas que atinxen ou poidan atinxir á parroquia e concello, dentro de distintos ámbitos tales como urbanismo, infraestruturas, zonas verdes, etc...asesorando e informando cando sexa requerida a asociación ou a iniciativa propia.
Así foi como naceu a Asociación de Veciñas e de Veciños de Torás-A Laracha co nome de "A Cutareira", en lembranza deste microtopónimo, situado no lugar de Leborís, entre as actuais rúas de "Plácido Pedreira" e a "Rúa Argentina".
Os actuais membros da Xunta Directiva son os seguintes:
-Presidente: Xosé Mª Cotelo Freire.
-Vicepresidente: Juán Carlos Queijeiro Lodeiro.
-Secretario: Julio Rey Vilas.
-Tesoureiro: Fernando Gesto Montes
|