A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Nova actividade de teatro e excursión
Benquerida veciña/o:

O vindeiro Martes 25 de Setembro celebraremos na casa da cultura do concello da Laracha unha asemblea extraordinaria da asociación, ás 20:00h en primeira convocatoria e ás 20:30h en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

1. Actividade de teatro

(nova actividade para adultos)pretendemos reivindicar a xustiza social tamén facendo teatro e mantendo o sorriso. Porque? Pois porque nesta nova actividade, impartida por Paco alvarellos, descubriremos que a risa é unha potente ferramenta curativa. Ríndonos con todo o corpo provocamos a participación de 400 músculos, liberamos endorfinas, segregamos adrenalina, ventilamos os pulmóns (tamén chamados alegrías), relaxamos os músculos, tranquilizamos os nervios, evitamos os resfríos e aumentamos a vitalidade xeral.

Decatástesvos de que, entre todas e todos, cantos músculos faremos traballar?

Pois xa que a risa é un estímulo eficaz contra o estrés, a depresión e a tristura que provocan as medidas restrictivas do goberno da Xunta e de Madrid, imos rirnos na nova actividade de teatro que estamos organizando!

2.Excursión a Pontevedra

Hai dúas alternativas que rematan nun roteiro polo casco histórico de Pontevedra e xantar no Pazo da Cultura. Xa iremos concretando, pero adiantamos que o xantar costa 10 euros + IVE por persoa e o transporte outros 10 euros.

3.Varios

propostas, preguntas...


Agardando a túa asistencia, recibe unha forte aperta.

A Xunta Directiva
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 21-09-2012 17:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal