A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A cachela de San Xoán 2.012
Chegou o San Xoán unha das noites máis máxicas e especiais do ano, e a máis curta. Limpamos os meigallos, celebramos a chegada do verán e fixemos una paparota veciñal nunha leira da avda. López Astrai. Un plan completo ao que se pode sumou quen quixo.
Podes acceder aquí á galería de fotos.

Cousas a facer polo San Xoán:

Primeiro de todo, cómpre limpar os meigallos. Non se pode comezar o verán sen levar o corpo inmaculado, deixando lonxe de nós as meigas, os trasnos e os aparecidos, que no solsticio saen dos seus agochos para apoderárense da noite, tal e como conta a tradición.

O primeiro é achegarse a unha cachela aceso e saltala. Cómpre facelo un número impar de veces, que non sexa 1 nin 3, e dende lados distintos cada vez. Dicindo o consabido “cachela de San Xoán, que non me morda nin cobra nin can" e coidadiño cos chimpos pois a cachela, aínda acesa, pero con pouco lume, máis ben fume.
Nas cachelas poden queimarse todo do que queiras desfacerte, entre eles os meigallos hai que afumalos para liberarse deles.

A fecundidade e as herbas 'menciñeiras:

Porén, contra estes males da noite máxica non só se loita co lume, a natureza ofrece tamén valiosos antídotos: a auga e as plantas. As fontes coñecidas como milagreiras ven aumentados os seus poderes esta noite e o mar, ademais de librarte do mal de ollo ten facultades fecundadoras nunha noite coma hoxe.

Na tradición galega, a maternidade e o matrimonio teñen un papel moi importante nunha noite coma a de San Xoán, no mar cóntanse diversas tradicións para potenciar a fecundidade da muller, como a de bañarse á media noite ou deixarse mollar por nove ondas.

As herbas menciñeiras e aromáticas teñen tamén un papel importante e forman parte do último ritual da noite. Hai que recoller as herbas (san xoáns, herba luísa, anises, fiuncho, codeso, malvas, artemisa, etc.) antes do remate do día, póñense en auga e déixanse toda a noite 'ao sereo' para pola mañá, logo de que o orballo caese sobre a auga, empregala para lavar a cara e librarse así dos males que puidesen afectar, a pesar de todas as precaucións tomadas.

E a paparotas:

logo tamén están as paparotas para continuar coa tradición. Ás sardiñas asadas pingando o pan bergantiñán, podéndose engadir o, relativamente recente, churrasco e grolos de viño.
Comentarios (1) - Categoría: Actividade - Publicado o 16-06-2012 00:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 empregala para lavar a cara e librarse así dos males que p#blgtk08#uidesen afectar, a pesar de todas as precaucións tomadas.
Comentario por lineas 900 (31-10-2012 12:46)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal