 O Venres 30 de Marzo tivo lugar na casa de cultura do concello da Laracha unha asemblea extraordinaria da asociación na que se ratificaron os cargos da Xunta Directiva.
Na reunión tamén se aprobaron a realización de diversas propostas, como a continuación do programa coñecer Galiza.
Esta actividade consiste na realización de viaxes / excursións polas comarcas, cidades e pobos de Galiza. Previamente ou ao comezo do percorrido, infórmase sobre os lugares a visitar, xeografía e historia, festas, feiras, monumentos?As vindeiras propostas posiblemente serán un roteiro por San Sadurniño, Ferrol, Vigo.
Cabe a posibilidade de que, contando con suficientes asistentes, se realice unha nova actividade: o teatro para adultos.
Por outra parte, acordouse que as cotas socias/os do ano 2012 se manteñan sen variación.
|