A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Modelo de queixa individual á Secretaría Xeral Política Lingüística
PARA: Secretaría Xeral de Política Lingüística

Desde que en 2009 foron separadas as empresas distribuidoras de enerxía eléctrica das comercializadoras, deixei de recibir a factura da luz en galego (antes Hidroeléctrica Laracha emitíaas en galego e castelán). Agora Chc négame o dereito a recibir a factura en lingua galega, redactándoas unica e exclusivamente en castelán a pesar que a Lei 1/2010, de 11 de febreiro de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior que na Disposición Adicional Sexta recoñece o dereito que reclamo:
Fomento do uso da lingua galega na actividade
dos prestadores de servizos.

1. Os prestadores de servizos que operen en territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con independencia do lugar de establecemento orixinario, deberán respectar o marco legal vixente en materia lingüística, especialmente a partir da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, consonte o disposto na alínea 4 do artigo 1 da Directiva 2006/123/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior.

2. Para estes efectos, favorecerán a normalización progresiva do uso do galego na prestación dos seus servizos e deberanlles ofrecer aos seus destinatarios a posibilidade de manteren a comunicación oral e escrita en lingua galega.

Por todo isto penso que se está a vulnerar a lei e os meus dereitos lingüísticos, por parte de Chc Energía, ao non ofrecerséme a posibilidade de recibir a factura en lingua galega polo que SOLICITO:

1. Que se tomen as medidas oportunas para facer cumprir a “Chc Energía” a Lei 1/2010, de 11 de febreiro.

2. Que se me informe das medidas tomadas e que no caso de non tomar ningunha, que se me faga saber o motivo.

Nome e apelidos:..................................
..................................................
D.N.I.:...........................................
Enderezo:...........................................................................................
Correo electrónico:...............................
Comentarios (0) - Categoría: Escritos... - Publicado o 21-12-2011 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal