Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249 Queremos Galego convoca unha nova concentración - A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha
Reproducimos escrito de convocatoria da plataforma cidadá "Queremos Galego" (na que "A Cutareira" está integrada):
Diante da posición do Valedor do Pobo, Benigno López, favorábel a censurar un libro de texto de Coñecemento de Medio de 5º de Primaria por reproducir literaltemente o artigo 5.1 do Estatuto de autonomía de Galiza que di: A lingua propia de Galiza é o galego, a plataforma cidadá Queremos Galego convoca a toda a cidadanía a unha concentración de urxencia esta quinta feira (xoves) 15 de decembro ás 11.30 da mañá diante da sede da oficina do Valedor do Pobo (Rúa do Hórreo, a carón do Parlamento) en Santiago de Compostela.
Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0