Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249 Sabemos realmente que pasou o 11-S? - A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha
Desde a A Cutareira pretendemos dar a posibilidade, ás mentes máis inquedas e incorformistas, de coñecer distintas versión ao ocorrido hai agora 10 anos nos titulados ?Atentados do 11-S?. A globalización informativa, case sempre ao servizo dos intereses de grandes poderes económicos, ofrecen puntos de vista que en moitas ocasións distorsionan a realidade, monopolizando a información negándonos o dereito a una información veraz.
Facemos fincapé, una vez máis, en que o que pretendemos e dar a coñecer un punto de vista distinto que os medios convencionais non dan. Que cada quen forme a súa propia opinión.
Xa pasaron 10 anos desde que aconteceron os tráxicos sucesos do 11 de setembro 2001. A maioría da opinión pública é unánime: o goberno dos Estados Unidos deixou claro que había algo que ocultar. Moita xente, sexan funcionarios da Casa Branca ou encargados da loita contra o terrorismo, antigos membros da Comisión Nacional de Investigación, moitos deles, foron pouco a pouco desvinculándose dunha versión oficial que simplemente non ten sentido. O analista norteamericano Wayne Madsen, antigo experto en intelixencia do goberno de EEUU na National Security Agency (NSA) relata esta ampla operación de encubrimento. Ler máis...
Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0