 O pasado domingo día 4 de setembro organizamos unha nova excursión, nesta ocasión á comarca do Morrazo onde visitamos as vilas mariñeiras de Moaña e Cangas do Morrazo. A continuación, tras un estupendo xantar en Moaña fomos ao Hío a coñecermos un dos cruceiros máis famosos de toda Galiza: o Cruceiro do Hío, tallado no século XIX sobre unha única peza polo mestre pontevedrés, Cerviño.
Continuando co percorrido achegámonos a un espectacular miradoiro natural sobre as Illas Cíes, Ons e Cabo do Home desde o Monte do Facho (Donón).
E xa comezamos o camiño de volta bordeando toda a costa da península do Morrazo pasando por Aldán, Bueu e Marín.
Neste tipo de actividades nas que pretendemos coñecer máis e mellor a nosa cultura, as nosas paisaxes e as nosas vilas, sérvennos tamén de excelentes xornadas de convivencia facendo que cada vez teñan máis aceptación entre a veciñanza; por iso as 55 prazas esgótanse aos poucos días.(Fotos)
|