A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

17 de agosto, Día da Galiza Mártir
A Fundación “Alexandre Bóveda” fará entrega do premio “Galiza Mártir”, este mércores 17 de agosto a Xosé Álvarez Castro, da asociación pontevedresa de recuperación da memoria histórica “Sempre con vós, cidadanía pola verdade”, e autor do blog “Pontevedra nos anos do medo".

O premio que ven outorgando a Fundación desde o ano 2006 obedece ao fin de lle recoñecer a unha persoa, grupo de persoas ou entidades o labor de recuperación da memoria histórica no noso país. O acto de entrega levarase a cabo durante un xantar no Pazo da Cultura en Pontevedra após os actos de homenaxe que se lle tributan a Alexandre Bóveda ao longo da mañá na Caeira, lugar onde foi asasinado ese mesmo día hai agora 75 anos.

Alexandre Bóveda foi un dos grandes impulsores do Estatuto de Autonomía do 36 que o golpe de Estado do Xeneral Francisco Franco impediu que se fixera efectivo esmagando así os desexos e as ilusións do Pobo Galego de contar cun Estatuto para o noso país. Mais canda os desexos de prosperidade para a Galiza tamén foron truncadas as vidas de moitos galegos por defenderen as ideas de progreso e liberdade que promovía unha república votada democraticamente.

Bóveda foi detivo polos militares sublevados contra República, acusado de “traizón” o 20 de xullo e condenado a morte o 13 de agosto dese ano cando contaba con tan só 33 anos. Na súa declaración final que lle obrigaron a asinar transcrita ao castelán, dicía:
"A miña patria natural é Galiza, ámoa fervorosamente. Endexamais a traizoaría aínda que me concedesen séculos de vida. Adóroa máis alá da miña morte. Fixen canto puiden por Galiza e faría máis se puidese".


Vídeo do acto de homenaxe na Caeira coas Intervencións de Silvia Díaz (Concelleira de Cultura de Poio), Fernando Quintela (Presidente da Fundación "Alexandre Bóveda"), Amalia Bóveda (Filla de Alexandre Bóveda) e Xosé Luís Bóveda (Fillo de Alexandre Bóveda)
Comentarios (0) - Categoría: Queremos saber - Publicado o 16-08-2011 21:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal