A pasada fin de semana, detectouse un verquido superior ao habitual, no límite superior do couto de pesca da Laracha, procedente, presuntamente, da depuradora desta mesma localidade.
O luns día 11 de xullo, comenzaron a aparecer os primeiros cadáveres das troitas, flotando río abaixo sendo o servicio de gardas da Xunta de Galicia quen se encargou de retirar varios centos de troitas con medidas comprendidas entre os 5 cm. (a cría deste ano) ata os 40 cm.
Durante, aproximadamente uns cincocentos metros augas abaixo da depuradora o río atópase, agora mesmo, completamente morto...
Información extraída da páxina web da Sociedade de Pesca e Conservación dos Ríos, Fario.
O BNG levou o asunto ao Parlamento Galego, atendendo á denuncia formulada por Fario. |