 A ANPA do CEIP "Otero Pedrayo" da laracha denuncia a través do seu boletín, ?A Pita de Monte?, a situación de deterioro en que se atopan as instalacións do colexio e poñen en coñecemento das nais e pais do alumnado ?dúas situacións graves ou incluso moi graves? que se teñen detectado. Refírense concretamente as deficiencias estruturais do edificio ?vello?, que poñen en perigo as vidas do alumnado en caso de incendio (unha vez escoitado o informe emitido polos bombeiros tras o último Simulacro de Evacuación) e tamén ao mal estado en que encontra a instalación eléctrica do edificio.
Así mesmo, reclaman obras de mellora e ampliación tales como a instalación dun ascensor e un patio cuberto pero desde a entidade afirman que ?non sabermos concretamente os plans da Consellaría?.
Por todos estes motivos e ante a falta de resposta por parte da administracións competentes así como polo mal estado da instalación eléctrica do colexio, convidan a toda a comunidade educativa a asistir a unha concentración na Plaza do Generalísimo Franco (fronte ao Concello) o luns, 20 de xuño, ás 20:00h, baixo o lema: ?POR UN COLEXIO SEGURO E EN CONDICIÓNS.?
Fonte de información: ?A Pita de Monte.? Nº 2.
Podes ver aquí o vídeo das distintas intervencións da Reunión da Comisión 4ª. Educación e Cultura, do día 20 de abril de 2011 no Parlamento Galego, onde se trata o tema da construción do novo edificio prometido polo Conselleiro de Educación así como o pavillón cuberto proposto, o mesmo día, polo alcalde do noso concello. Ambas promesas foron calificadas pola oposición larachesa de "propagandística." |